I FORO INVENTA tu COMUNICACIÓN

Si puedes comunicarlo puedes hacerlo.

31 de Marzo y 1 de Abril, 2017

Santiago de Compostela

ENTREVISTA A ELOY GESTO | PROMOTOR I FORO | INVENTA tu COMUNICACIÓN - LINDEIROS Volver

Son tempos no que a comunicación é o centro de moitas das nosas actividades e sobre iso trata o I Foro Inventa tu comunicación e esta reportaxe.

Sempre tivemos que falar cos compañeiros de traballo ou cun comercial, incluso co director do banco. Pero agora pode que teñamos que explicar, nun evento da empresa, o que facemos ante unha ducia de persoas, ou preparar unha entrevista de traballo sabendo que a impresión que causemos será máis decisiva que o curriculum. ou incluso falar ante unha cámara nunha video conferencia. A comunicación, así en xeral, converteuse nunha parte decisiva do traballo e, as veces, da vida persoal.
A realidade do que dicimos vese na evolución da Escuela Inventa, unha academia que naceu para formar a comerciales en técnicas de ventas e, impulsados pola demanda dos clientes, centran xa a actividade en esinar a falar en público.

O último escalón de este ascenso ao cumio da comunicación en público é o Foro Inventa que terá lugar os próximos venres e sábado.

O foro reune nun mesmo espacio a profesionais da comunicación de recoñecido prestixio e que forman parte de empresas como Google ou Microsoft, e a traballadores anónimos que tiveron que aprender a falar en público e agora competirán por un galardon demostrando o aprendido en 11 minutos.

Eloy Gesto é un dos responsables de Escuela Inventa e do Foro do que falamos. Escoitando a Eloy un dase conta do que significa comunicar, explicar as ideas de xeito claro, medido e ordenado. O seu falar fluido nos explica como chegaron a organizar o Foro Inventa

Ainda está o lector a tempo de anotarse, si pensa por un momento que estas cousas non son para el debería reflexionar porque como explica Eloy é sorprendente a variedade de perfís que se atopan inscritos

Pese ao que se poida pensar en este novo mundo tecnolóxico no que vivimos ao final o que segue a ser fundamental. e sobretodo na comunicación, son as relacións humanas. Eloy o explica moi ben recurrindo a lembranzas da súa nenez en Compostela. Ao que si nos obriga este novo espazo de convivencia, a rede, é a estar en todo momento e con solucións, esa obriga fai que a comunicación sexa necesaria en todo momento e en calquera lugar. A nómina de ponentes do foro é impresionante, con todo Eloy Gesto recoñece que non chega con buscar profesionais de recoñecido prestixio si esas persoas non encaixan no que queres conseguir co Foro.

Pero máis interesantes ainda se presentan os outros ponentes, os que competiran polo premio e que son xente máis cercana, a que en ocasión nos descobren mundos que, pese a telos ao carón, descoñecíamos.

O Foro Inventa ten aínda aberta a inscrición. Si non entende moitos aspectos no que vive, si lle gusta oir falar a xente que sabe do que fala, si quere ampliar relacións para o seu negocio ou simplemente ter a oportunidade de coñecer a outros profesionais e compartir con eles ideas e preocupacións, debería acudir os próximos venres e sábado ao auditorio Abanca de Compostela, no Preguntoiro, porque oportunidades como esta non sen dan a miúdo.

 

 

FONTE DA NOTICIA

ENTREVISTA A ELOY GESTO | PROMOTOR I FORO | INVENTA tu COMUNICACIÓN - LINDEIROS


Volver a las noticias