I FORO INVENTA tu COMUNICACIÓN

Si puedes comunicarlo puedes hacerlo.

31 de Marzo y 1 de Abril, 2017

Santiago de Compostela

GALICIA E PAÍS VASCO SON LÍDERES DA ACTUAL INDUSTRIA 4.0 | EL CORREO GALLEGO Volver

Galicia e País Vasco son líderes da actual industria 4.0. O conselleiro destacou as tecnoloxías no foro ‘Inventa tu Comunicación’, en Abanca.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou este venres no I Foro Inventa tu Comunicación’, celebrado no Auditorio Abanca de Santiago, que Galicia e País Vasco asumiron o “liderado” da industria 4.0. 
O foro reúne a centenares de profesionais para compartir e debater ideas sobre o poder da comunicación e como implementala de maneira eficaz. 

Baixo o lema Si puedes comunicarlo, puedes hacerlo, o conselleiro fixo fincapé na “aposta clara” de Galicia pola economía do coñecemento, xa que, subliñou, o sistema produtivo “móvese na contorna das novas tecnoloxías”.
Neste sentido, Conde indicou que a industria ten que ser “competitiva”, “mellorar o seu produto” e “baixar os custos”. Para iso, o único camiño, precisou, é a “dixitalización” e a innovación. “Conseguimos crear unha cultura. As empresas están a introducir na súa estratexia a innovación”, proclamou o conselleiro, quen espera que Galicia “siga crecendo como sociedade e como economía”, manifestou.

FONTE

GALICIA E PAÍS VASCO SON LÍDERES DA ACTUAL INDUSTRIA 4.0 |  EL CORREO GALLEGO


Volver a las noticias