I FORO INVENTA tu COMUNICACIÓN

Si puedes comunicarlo puedes hacerlo.

31 de Marzo y 1 de Abril, 2017

Santiago de Compostela

REPORTAXE SOBRE O I FORO | INVENTA tu COMUNICACIÓN | LINDEIROS Volver

Máis de 500 profesionais participaron no I Foro Inventa que se celebrou esta fin de semana en Compostela

Compostela, 3 de abril do 2017 – O  I Foro Inventa tu Comunicación celebrouse en Compostela coa participación de máis de 500 profesionais para debater e analizar ideas sobre o poder da comunicación.

 

Eloy Gesto, director de Escuela Inventa, organizadora do foro, dou as claves que marcan o desenvolvemento deste evento “A comunicación é a nosa ferramenta máis poderosa para conseguir os nosos obxectivos e novas oportunidades profesionais persoais. Aquí escoitaremos experiencias, ideas e vivencias que nos axudarán a sacarlle o máximo partido á nosa comunicación” destacou. O evento xirou en torno ao lema “si puedes comunicarlo puedes hacerlo”.

No evento participaron nomes como o chef Pepe Solla, a responsable de Comunicación de Google Annaïs Pérez, a responsable de búsqueda de talentos de Microsoft Blanca González ou o doutor Mario Alonso Puig que falaron nas súas ponencias de como manexar a comunicación nun mundo tan saturado de información e no que ao mesmo tempo nunca foi tan importante comunicar.

O I Foro Inventa tu Comunicación tivo unha parte de concurso no que 11 persoas, escollidas entre as que pasaron ao longo dos últimos meses polos cursos da Escuela Inventa, dispuxeron de 11 minutos para lanzar a súa mensaxe e optaron aos primeiros premios Inventa.

Outorgáronse 4 galardóns, tres deles elixidos polo xurado e o cuarto polas votacións do público que, a través dunha aplicación, puntuaron as diferentes intervencións.

–            Premio ao comunicador máis natural e sinxelo para David Conde, co-founder en Coinscrap e Senseitrade, polo seu relatorio “Algoritmos”.

–            Premio ao comunicador co mellor relato para Dani Cerqueiro, estratexia dixital en Phottic e Enxendra, que titulou a súa intervención “Vivir para contarlo”.

–            Mención ao comunicador máis conectado co público para José Fernández, gandeiro e administrador de Gañados Golán, co seu relatorio “Preparados, listos, ya!”

–            Mención do público ao mellor comunicador para Rodrigo García, coordinador A Coruña Occursum NK Networking Profesional, que desenvolveu o seu momento inspirador “Miopía”.

 

O xurado estivo composto polo xornalista Luís Fraga; a directora da Fundación Ramón Domínguez, María Gómez; o cómico Víctor Grande; a xefa de vendas de Radio Galicia – Cadena SER, Ana Manteiga, e por Eloy Gesto, director de Escuela Inventa.

Escuela Inventa outorgou unha mención de honra á traxectoria comunicativa do doutor Mario Alonso Puig, cirurxián xeral e do aparello dixestivo. Experto en psiconeuroinmunobiología, en motivación, creatividade, comunicación, traballo en equipo e liderado.

A ourive Susi Gesto foi a autora do deseño dos premios.

FONTE

REPORTAXE SOBRE O I FORO | INVENTA tu COMUNICACIÓN | LINDEIROS


Volver a las noticias