I FORO INVENTA tu COMUNICACIÓN

Si puedes comunicarlo puedes hacerlo.

31 de Marzo y 1 de Abril, 2017

Santiago de Compostela

REPORTAXE SOBRE O I FORO | INVENTA tu COMUNICACIÓN | TELEVISIÓN DE GALICIA Volver

Nun mundo con tanta sobreinformación non é fácil captar a atención de alguén para facerlle chegar unha nova mensaxe

Telexornal Mediodía

Publicado o 31/03/2017 15:25

¡MIRA AQUÍ O VÍDEO DA REPORTAXE!

Nun mundo con tanta sobreinformación non é fácil captar a atención de alguén para facerlle chegar unha nova mensaxe. Os especialistas en comunicación din que a ferramenta máis eficaz para conseguilo é a de toda a vida: a relación persoal e directa. Pero é algo que cada vez se estuda máis porque non sempre é algo tan natural como parece.

"Recordo aquel equipo de francotiradores de recursos humanos a punto de disparar preguntas...".

Nunha entrevista de traballo como a que describe Pablo non sempre é fácil saír airoso. Nin tampouco cando se quere facer chegar a propia mensaxe a calquera auditorio... Foros coma este que se celebra estes días en Santiago tentan desenvolver esa habilidade a partir da capacidade de comunicación máis propia de cada quen, para que lle saque o máximo partido naquilo que queira. 

Este tipo de eventos permite ver a profesionais veteranos nisto da comunicación efectiva e tamén da un espazo para que outros teñan a oportudidade de ir collendo táboas niso que os técnicos da comunicación denominan a economía da atención.

FONTE

 

 

REPORTAXE SOBRE O I FORO | INVENTA tu COMUNICACIÓN | TELEVISIÓN DE GALICIA


Volver a las noticias